
Despois de tanto tempo sen dicer unha palabra, que mellor momento para comezar a gritar: cultura libre!!!, pero de verdade, desde o principio, desde a idea.
Hoxe arrancan unhas xornadas ben paridas, nas que podemos facer un percorrido pola criazón colectiva e libre de direitos. Para min a propriedade intelectual, simplesmente non existe, e como tal, ninguén deberia aproveitar-se duns direitos ilexítimos.
O debate de como parchear unha realidade (re)torcida e un debate, que nos desgasta e que nos situa unhas enfronte de outras en vez de estar todas fronte ao poder que impón a xestión de direitos.
o pior de todo, é que mentres "eles" xa o fan: nutren-se de ideas, de imaxinários, de producións nosas; nós temos que pagar o canon, temos que librar-nos da sgae e temos que buscar un hardware compatíbel cos nosos sistemas gnu/linux...
e asi, nós facemos a loita no campo que as corporacións van-nos deixando, e iso é o que temos que mudar, buscar as nosas regras de xogo, adianta-los pola esquerda, e cando cheguen, non haberá direitos que xestionar porque os imos rebentar os circuitos económicos, imos tirar os muros do gran xigante branco e imos okupar as suas rechamantes salas... Mentres non o conseguimos falemos do procomun nestas xornadas, estades todas invitadas.
muack
+ info en http://olholivre.net
