Crónica 28J en Queerunha

O pasado sábado celebramos en Queerunha o 28J, dia da liberación gay, lésbica e trans. Esta vez baixo o lema: A Igrexa mata, apostata. Neste dia de liberdades, non só tivemos momentos para a liberdade sexual, se non liberdades para as mulleres no antigo bulevar do papagaio, antes bairro chinés, agora galerias comerciais, onde as mulleres volven a ser protagonistas, pola exploración laboral, facendo os cuidados para maiores, consumindo ate morrer, ou aparecendo na publicidade supersexista que envolve o recén estreado centro comercial.
Fixemos paradas obrigadas en cada igrexa, que as "mulheres transgredindo" pecharon por "machistas e patriarcais".
Na rua Real, onde ultimamente a policia estivo facendo redadas, montamos un muro de papel coa pintada: "muro da vergonha, europa fortaleza" que derrubamos cos nosos corpos, porque falar de liberdade non só e falar de liberdade para branquitas e branquitos.
Chegamos o campo da lenha, fin do traxecto para tomar as hostias da obispa Fernanda e comenzar a bailar cheas de pecados.
Sempre que chega esta festa, aproveito para por-me barba e customizar-me como rapaz, a verdade é que estou bastante bo, ;). Si me vira qursana iamos ter unha confusión tan pracentera.. :P
+ fotos http://maribolheras.blog.com/3265598/
video http://gzvideos.info/mani-festa-accom-transmaribolhera-querunha-08/

  • qursana (no verificado)
    Mié, 02/07/2008 - 11:49

    ayyyyy... te estuve buscando en el video :) lo ví tres veces :) besos, y pinta super bien.. felicidades.